MADE IN GALICIA: Roi Alonso, fotografía

Ata finais deste mes:



"A cidade a través da Arquitectura que a compón ofrece un sen fin de mensaxes visuais a quen a recorre.
A serie FRAGMENTOS aproxímase a esta realidade construída seleccionando coidadosamente entre esas mensaxes, buscando o momento, a perspectiva, para coidadosamente presentarnos una nova realidade. Unha realidade persoal e propia do fotógrafo.
A estudada composición de raíz xeométrica é a base na que se asenta cada fotografía. Fotografía que se traballa meticulosamente coma se dun cadro se tratase, nunha búsqueda plástica en si mesma.

Acostumados a percibir a arquitectura dende a identificación dos seus volumes ou os espazos que xera, este proxecto fixa un marco para descubrirnos pequenos talles das obras más recentes e de interese realizadas en Santiago. Obras usadas como escusa, onde a manipulación da perspectiva, o xogo de sombras, os reflexos e as texturas dos materiais descóbrennos un mundo rico en matices e sensación, onde a identificación do obxecto fotografado pasa a un segundo plano.
Fragmentos incítanos a ver a cidade e arquitectura dun xeito lento, tranquilo, sen presas."

As fotografías de Roi Alonso estarán no Hospital Oncolóxico de Galicia, gracias á iniciativa "Na Espera" do colectivo arTeuun novo proxecto para achegar a arte á sociedade, que consiste en exhibir obras de arte en centros médicos, hospitais, salas de espera, clínicas…

Non deixes de pasarte pola súa web e o seu facebook para saber máis.


Hospital Oncolóxico de Coruña

Doctor Camilo Veiras 1

15009 - A Coruña





No hay comentarios:

Publicar un comentario