MADE IN GALICIA: mimadriña




En palabras da súa propia artífice:

que é?

eu non podo explicar que é mimadriña sen contar tódalas historias que no meu blog levo contado e recoñezo que según o día, mimadriña é unha cousa ou outra!

mimadriña é unha proposta persoal de acción * * , un  proceso natural * de aprendizaxe que vaise facendo de historias e papel coa colaboración da xente mimadriña

que fago?

cando me preguntan que fago en mimadriña,  gústame dicir que fago barquiñas de papel, pero recoñezo que digo iso para provocar”




Pero si tí es dos que cres que  mimadriña ten moito máis que ensinar e facer,  chegaches a bo lugar! Conta conmigo para…











un obradoiro para facer barquiños de papel ou para favorecer a sensibilidade creativa dos pícaros

Deseño, planificación e execución de proxectos educativos no eido da sensibiliade creativa e  acción social.

podo ensinarte como facer do teu fogar, celebración ou negocio un lugar mimadriña querida!

Deseño de escaparates, decoración de eventos ou imaxe coorporativa con estilo mimadriña.
queres saber como construín a miña marca na rede ou como fixen o meu blogue, precisas axuda para emprender o teu propio proxecto na rede?

Formación, asesoramento e posta en marcha da túa proposta na rede.






Queres ver exemplos

quen son?

mimadriña é Palmira e todo o que aprendiu e desaprendiu polo camiño.

A miña natureza como muller da Costa da Morte é ser traballadora incansable, a nena que son convírteme en creativa compulsiva, os meus estudos son dispares e a miña experiencia laboral ata o momento dí que son educadora social.

De maior quero ser Jimmy Liao!


Non deixes de visitar:
Mimadriña! on Vimeo.

para enterarte das súas novas, poderás atopala tamén en:
Facebook, Instagram, Pintarest, Spotify

e por suposto na súa tenda on.line


No hay comentarios:

Publicar un comentario